Informe executivo de avaliación da pilotaxe de implementación de emprego personalizado

Datos Xerais:

Categoría: Emprego

Publicado: 2025

Publicación para: administracións públicas , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Emprego

Descrición:

O proxecto para a inclusión social: “Pilotaxe de Emprego personalizado” impulsado pola 
Confederación Plena inclusión España en colaboración co Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e 
Migracións enmarcouse no compoñente 23, investimento 7 «Fomento do crecemento inclusivo mediante 
a vinculación das políticas de inclusión social ao Ingreso Mínimo Vital» do Plan de Recuperación, 
Transformación e Resiliencia financiado cos Fondos Next Generation.
O Ingreso Mínimo Vital, establecido en maio de 2020 en España, é unha política de renda mínima que 
ten como obxectivo garantir uns mínimos ingresos aos colectivos vulnerables e proporcionar vías que 
fomenten a súa integración sociolaboral.  No marco desta política, o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social 
e Migracións (MISSM) impulsa o Laboratorio de Políticas de Inclusión, unha estratexia para o fomento 
da inclusión mediante proxectos piloto de innovación social. Estes proxectos avaliáronse conforme aos 
estándares de rigor científico e usando a metodoloxía de ensaios aleatorizados (Randomized Control 
Trials, en inglés). O “Proxecto para a Inclusión Social: Pilotaxe de Emprego Personalizado”, foi levado a cabo 
en cooperación entre o MISSM, Confederación Plena inclusión España, diferentes Entidades do Terceiro 
Sector de Acción Social pertencentes a Plena Inclusión e o Instituto de Investigación en Psicoloxía dos 
Recursos Humanos, do Desenvolvemento Organizacional e da Calidade de Vida Laboral (IDOCAL), da Universidade 
de Valencia. 
O obxectivo deste proxecto foi analizar a eficacia da metodoloxía de Emprego personalizado, 
aplicándoo a un grupo de persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento para comparalo con outro 
grupo do mesmo colectivo ao que non se lle aplicou.
A través dun enfoque experimental con ensaio controlado aleatorizado, distribuíronse ao azar ás 
persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento aos tratamentos control e experimental. No 
tratamento control, as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento seguían coa súa vida habitual, 
que incluía actividades de emprego. No tratamento experimental, as persoas involucráronse nun 
programa de implementación de emprego personalizado. A avaliación mediu o impacto en tres ámbitos en base 
a uns indicadores definidos baixo o paradigma da teoría do cambio: o emprego, a inclusión social e 
o benestar das persoas con discapacidade intelectual e/o do desenvolvemento, 
O proxecto tivo lugar en doce comunidades autónomas (Andalucía, Aragón, Canarias, Castela e León, 
Cataluña, Comunidad de Madrid, Comunidade Valenciana, Estremadura, Galicia, A Rioxa, Principado de Asturias 
e rexión de Murcia) e nunha cidade autónoma (Ceuta). Participaron 512 persoas. 
En relación coas características sociodemográficas principais dos participantes: o 43% foron mulleres, 
a idade media foi de 32 anos. O nivel educativo dos participantes foi baixo, sendo superior á educación 
primaria só no 32% dos casos. O 92% naceu en España e o 97% ten a nacionalidade española. O grao 
de discapacidade medio dos participantes foi do 54%, oscilando entre o 33% e o 78%, e maior do 65% no 
51% dos casos. O 48% dos participantes tiña a dependencia recoñecida oficialmente e o 58% percibía 
unha prestación económica.