Informe executivo da análise sobre a realidade das familias de persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento en situación de vulnerabilidade

Datos Xerais:

Categoría: Familias

Publicado: 2026

Autoría: DIDISE, Universidad de Alcalá y Plena inclusión

Editorial: Plena inclusión España

Financiación: Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030 en el marco de Programas de interés social de IRPF y Fundación ONCE.

Publicación para: administracións públicas , familias , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Familias

Descrición:

Este traballo identifica e analiza o perfil, necesidades e características das familias de PCDID en situación de especial vulnerabilidade, coa finalidade de que os seus resultados axuden ás entidades que forman Plena inclusión a: a) deseñar e desenvolver as actuacións destinadas a este colectivo, e b) facer incidencia para que as Administracións Públicas deseñen políticas, recursos e apoios para acompañar e cubrir as necesidades destas familias.

Enmárcase no 6º Plan Estratéxico do Movemento Asociativo de Plena inclusión, dentro do Reto 2, “Cada familia importa”, e o Plan 9,
“Familias en vulnerabilidade”.