Informe de resultados da enquisa sobre vacacións
Datos Xerais:
Categoría: Ocio
Publicado: 2024
Publicación para: profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Cultura
Descrición:
En 2023 a Rede Estatal de Lecer acordou desenvolver un pequeno estudo para saber
a opinión das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento sobre as súas
vacacións, coñecer que queren e que necesitan e poder mellorar os apoios
que presta o movemento asociativo Plena inclusión. Para iso elaborouse un
cuestionario que recolle información básica sobre a persoa que contesta, sobre
as súas viaxes e as súas vacacións que se difundiu a través das federacións
autonómicas de Plena inclusión.
Este documento recolle os resultados desta enquisa na que participaron
870 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento de 11 comunidades
autónomas de Plena Inclusión.
Os resultados achegan información sobre con quen viaxan, cantas veces viaxan,
as necesidades de apoio que teñen para viaxar e se iso supón unha maior
limitación á hora de planear as súas vacacións.
Tamén sobre os seus intereses e preferencias, sobre as datas do ano e o medio
de transporte que prefiren, que cousas que lles gusta facer e cales non, con quen
queren viaxar e onde aloxarse, e sobre que cuestións deciden elas e
sobre cales a súa familia e as persoas de apoio das entidades.

