Informe de Resultados Comunidades accesibles
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: Novembro 2024
Autoría: Plena inclusión España
Financiación: Fundación ONCE y el Minsiterio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030
Publicación para: administracións públicas , empresas
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva
Descrición:
Plena inclusión é un movemento asociativo que, desde hai 60 anos, loita en España polos dereitos das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento e as súas familias. A misión do Movemento Plena inclusión é contribuír, desde o seu compromiso ético, con apoios e oportunidades, a que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e a súa familia poidan desenvolver o seu proxecto de calidade de vida, así como a promover a súa inclusión como cidadá de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria. Desde o movemento asociativo de Plena inclusión desenvolvemos diferentes proxectos que promoven a igualdade de oportunidades, e nos que participan: 17 Federacións autonómicas 3 Entidades estatais 2 Entidades en Ceuta e Melilla
Entre os proxectos que desenvolvemos atópase o Proxecto Comunidades accesibles: A accesibilidade cognitiva, unha chave para a vida en comunidade. Con este proxecto propuxémonos mellorar a comprensión das liñas de autobús e conseguir que as redes de transporte público do noso territorio sexan accesibles para todas as persoas.

