Informe de indicadores do Plan Estratéxico de Plena inclusión-2025

Datos Xerais:

Categoría: Protocolos internos

Publicado: 2026

Autoría: Equipo Sherpa - Plena inclusión

Editorial: Plena inclusión España. Avenida General Perón 32, 1º. 28020. Madrid. info@plenainclusion.org 91 55 74 13.

Publicación para: empresas , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Asociacións

Descrición:

Este informe recolle a Segunda avaliación dos indicadores do Sexto Plan Estratéxico do movemento asociativo Plena inclusión (2024-
2030), correspondente ao ano 2025.

O Plan ten 48 indicadores cunhas metas concretas para os tres primeiros anos (desde o ano 2024 ata o ano 2026), que serven para coñecer o grao de cumprimento dos obxectivos previstos.

O Equipo Sherpa é encarga de analizar esta información, avalía os avances do plan e propón recomendacións.

O Equipo Sherpa é un equipo de traballo formado por: tres persoas da Xunta Directiva, dúas persoas do equipo de Xerentes, dous membros da Plataforma estatal de representantes de persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, o director e profesionais da Confederación.

Este informe inclúe observacións para ter en conta por parte das federacións, as entidades estatais e a confederación para o ano 2026, co
obxectivo de cumprir as metas que aínda non se alcanzaron.

Ademais, se queres ter máis información sobre o Plan Estratéxico pica aquí