Informe da situación da Atención temperá

Datos Xerais:

Categoría: Accesibilidade

Publicado: 2024

Autoría: Plena inclusión España

Publicación para: profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Apoios

Descrición:

No centro da filosofía, as políticas e as prácticas da atención temperá están todos os nenos 
e nenas e as familias. Por iso, neste documento que mostra a situación dos centros e servizos 
de Atención temperá que forman parte do movemento asociativo o noso agradecemento 
vai dirixido a eles en primeiro lugar. Non en balde as familias son a base do noso movemento 
asociativo, por todo o que nos ensinaron ao longo dos anos, como nos axudan a cuestionar 
as nosas certezas e estar dispostas a compartir o valioso da experiencia vital, e máis neses 
primeiros anos de desenvolvemento, cruciais para construír comunidades nas que todos e todas 
teñamos as mesmas oportunidades e que dan sentido ao noso traballo. 
O obxectivo deste traballo é visibilizar a necesidade e urxencia no desenvolvemento dun Sistema 
Nacional de Atención Temperá que a garanta como un dereito subxectivo, universal, público e 
gratuíto, tal e como recolle no seu marco conceptual a folla de roteiro para a mellora da atención 
temperá en España. 
Este dereito non implica só aos nenos e nenas con algunha discapacidade ou risco do seu desenvolvemento e 
as súas familias, senón que nos interpela a toda a sociedade e contribúe ao benestar de toda a infancia. 
A transformación é un proceso de ámbito internacional no campo da discapacidade intelectual 
ou do desenvolvemento e conta cunha base importante de coñecemento baseado na ciencia, a evidencia 
e a experiencia, pero ademais é un proceso derivado da convención dos dereitos das 
persoas con discapacidade e que por tanto ten impacto nas políticas públicas.
Plena inclusión, movemento asociativo español en favor das persoas con discapacidade 
intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias, iniciou xa no ano 2013 diferentes proxectos para avanzar 
na transformación dos seus centros e servizos cara a servizos centrados na persoa e nas 
súas familias, orientados á plena cidadanía en comunidades diversas. Os centros de Atención 
Temperá foron un dos primeiros servizos en “subirse a este tren”, algo que di moito do 
carácter dos e as profesionais e as familias que os compoñen, que atopamos sempre en continua 
revisión das súas prácticas e repensando fórmulas para garantir os mellores resultados e 
o maior benestar para os nenos e nenas e as súas familias. 
Mostra desta resiliencia e capacidade de adaptarse ás necesidades cambiantes da contorna, visibilizouse 
 no período de confinamento debido á situación de pandemia da COVID-19, nas 
que se adoptaron medidas para seguir xerando espazos onde acompañar ás familias no seu día 
a día.