Infografía sobre os modelos da discapacidade
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: 2020
Autoría: Plena inclusión España
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva , Comunicación , Incidencia
Descrición:
INFOGRAFÍA MODELOS DA DISCAPACIDADE
Son formas de entender a discapacidade. De 3 modelos, explicamos que ideas adoitan ter asociadas, que accións conlevan e mesmo como se reflicte esa forma de pensar na forma de expresarse.
MODELO PRESCINDENCIA
– Que pensa: A discapacidade é un castigo ou unha maldición.
– Que fai: Separar ou excluír ás persoas con discapacidade. Mesmo matarlles.
– Que di: «Pobre Tamara, sofre discapacidade».
MODELO MÉDICO-REHABILITADOR
– Que pensa: A discapacidade é unha enfermidade que hai que curar.
– Que fai: Terapia. Traballar para que parezan persoas sen discapacidade.
– Que di: “Tomás é discapacitado intelectual, toma medica- ción para os seus síntomas”.
MODELO SOCIAL E DE DEREITOS
– Que pensa: Son persoas ante todo. Teñen dereitos. A contorna discapacita.
– Que fai: Quitar barreiras. Fixarse nas súas capacidades. Contornas inclusivas.
– Que di: «Amanda ten dereito a participar nas actividades que elixa».

