Infografía sobre o Apoio Conductual Positivo

Datos Xerais:

Categoría: Igualdade

Publicado: 2020

Autoría: PBS Alliance

Editorial: Traducción: Plena inclusión España

Publicación para: profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Apoios , Decidir con apoios

Descrición:

APOIO CONDUCTUAL POSITIVO (ACP)
Facer que os sistemas funcionen para a persoa
Dar o apoio adecuado no momento adecuado para que as persoas poidan prosperar e alcanzar o seu potencial. Isto pode significar cambiar a forma en que se apoia á persoa. As e os coidadores e o persoal poden necesitar capacitación, e as estruturas e culturas dos servizos poden necesitar cambiar. A revisión continua é importante para asegurarse de que o apoio se axusta ben á persoa e quen lle rodea.

Orientado a valores
O APC promove os dereitos humanos, o respecto, a dignidade, a inclusión e unha vida sen restricións innecesarias. Significa tratar ás persoas de xeito equitativo e traballar en común coa persoa e a súa familia para mellorar as cousas para todos e todas.

Promover a calidade de vida
O obxectivo xeneral é mellorar a calidade de vida da persoa e a de quen a rodea. Isto inclúe a nenos, nenas novas, persoas adultas e maiores. O ACP proporciona o soporte adecuado no momento adecuado para que unha persoa poida levar unha vida significativa e interesante participando en actividades e aprendendo novas habilidades.

Comprender o comportamento e satisfacer necesidades
O APC utiliza diferentes métodos para recompilar información para determinar que significa o comportamento das persoas. Mellora o apoio e empodera ás persoas para usar formas mellores e menos daniñas formas para satisfacer as súas necesidades. Isto a miúdo implica o uso dunha variedade de enfoques diferentes que melloran a vida das persoas.