Inclusex. Xoguetes eróticos e coidados en lectura fácil
Datos Xerais:
Categoría: Sexualidade
Publicado: 2024
Editorial: Plena inclusion Castilla-La Mancha
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Saúde
Descrición:
Os dereitos sexuais e reprodutivos
son importantes para todas as persoas.
Moitas persoas con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento
non teñen información
para tomar decisións sobre a súa vida sexual.
Moitas persoas con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento
coñecen o seu dereitos
pero estes dereitos non se respectan.
As persoas con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento
teñen dereito a ter unha vida sexual plena.
Para ter esta vida sexual pracenteira,
saudable e responsable necesitan:
• Educación sexual con información que poidan entender.
• Espazos onde poidan falar de sexualidade
de forma libre.
• Tempos e espazos de intimidade
onde poidan estar a soas
ou en compañía das persoas que queiran.
• Recibir os apoios que necesiten sobre sexualidade.
• Información sobre o respecto ao corpo
e o respecto aos desexos.
• Poder falar con liberdade
sobre a súa orientación sexual
e a súa identidade sexual.
• Aprender o importante
que é ter relacións iguais
e relacións sen violencia.
• Contar con persoas de confianza
para compartir as súas dúbidas
e preocupacións sobre sexualidade.
• Coñecerse a si mesmas
e saber coidarse.
• Ter relacións aceptadas polas dúas persoas
e desde o desexo.
Ter información é moi importante
para tomar decisións.
Para que as persoas sexan protagonistas das súas vidas
teñen que poder expresar os seus desexos.

