Guía para presentar o proxecto – Construímos comunidades accesibles (Lectura fácil)
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: 2026
Autoría: Plena inclusión España
Coordina: Red de Accesibilidad Cognitiva de Plena inlsuión España
Financiación: Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, fines solidarios y Fundación ONCE
Lectura Fácil: Si
Publicación para: familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva
Descrición:
Construímos comunidades accesibles
é un proxecto
para crear lugares máis fáciles
de entender
grazas á accesibilidade cognitiva
e ao desenvolvemento comunitario.
É unha pilotaxe,
é dicir,
é unha proba que facemos
para ver se unha idea funciona ben.
Se funciona ben,
faremos esta pilotaxe
noutros lugares
no futuro.
En Construímos comunidades accesibles,
avaliamos a accesibilidade cognitiva
de varios lugares de España.
Por exemplo,
veremos se hai Lectura fácil
e se é fácil ou difícil
orientarse nestes lugares.
Ademais das ferramentas
da accesibilidade cognitiva,
tamén usamos as do deseño comunitario.
Poñeremos os resultados en común
cando terminemos o proxecto.

