Guía informativa para familiares de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais
Datos Xerais:
Categoría: Educación
Publicado: 2024
Autoría: Comisión de Familias de Plena inclusión
Editorial: Plena inclusión España
Publicación para: familias
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Descrición:
Quen elaborou esta guia?
´
A Comisión de Familias pola inclusión de Plena inclusión que está formada por nais e pais
de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento de distintas comunidades autónomas que
temos fillos/as en idade escolar e por profesionais de apoio a familias.
Tamén contamos coas achegas doutros familiares e profesionais que leron a
guía.
´
´
Que pretende e a quen vai dirixida?
Este documento pretende informar sobre o modelo educativo actual e responder a preguntas
sinxelas de familias de alumnos/as con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Tamén pode ser
útil para outras persoas que teñen contacto con elas.
Esta publicación non recolle leis, teorías educativas, bibliografías... Só pretende responder a preguntas
que, como familias, expuxémonos nalgún momento.
O noso desexo é que estas reflexións sirvan para aclarar dúbidas e inquietudes a todas aquelas persoas
que se interesen na súa lectura.

