Guía de linguaxe inclusiva
Datos Xerais:
Categoría: Igualdade
Publicado: Marzo 2024
Autoría: Iria García Ferreiro
Editorial: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Publicación para: administracións públicas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Comunicación , Terminoloxía , Linguaxe
Descrición:
A través desta guía buscamos promover o uso dunha comunicación igualitaria e ofrecer, tanto ao persoal de FADEMGA Plena inclusión Galicia como de entidades, voluntariado, organizacións colaboradoras e demais persoas vinculadas á nosa federación, unha guía completa para conseguilo.
Para iso, analizamos e identificamos os erros máis comúns á hora de comunicarnos (facendo especial fincapé no ámbito da discapacidade intelectual) e ofrecemos recursos alternativos para solucionar a falta de comunicación.
Sobre todo, queremos mostrar que existen moitas maneiras de comunicar sen ter que recorrer a palabras, expresións ou imaxes que poidan marxinar, facer dano ou alimentar os prexuízos que existen contra moitas persoas e colectivos.
En calquera caso, lembra que sempre debemos escoitar as necesidades e preferencias de cada persoa á que nos referimos, acordando con ela os termos cos que senta mellor representada.