Guía de envellecemento laboral: identificación de prácticas

Datos Xerais:

Categoría: Educación

Publicado: 2024

Autoría: Plena inclusión España

Editorial: Plena inclusión España

Coordina: Silvia Muñoz

Colaboran: Javier Muñoz, Rocío Moreno e Inés Muñoz

Financiación: Plena inclusión

Publicación para: profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Educación

Descrición:

As persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento aumentaron a súa esperanza de vida e o seu acceso ao emprego. Este feito fai que cada vez máis persoas estean a achegarse ao cabo da súa vida laboral ou estean a comezar procesos de envellecemento laboral.

O obxectivo deste documento é atopar prácticas de organizacións que acompañan a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, nestes procesos de envellecemento no ámbito laboral para prolongar a súa vida laboral cando sexa posible ou que a transición á xubilación sexa satisfactoria.

Realizouse unha procura bibliográfica en literatura científica, literatura gris, páxinas web de organizacións españolas e doutros países, de persoas con discapacidade. Tamén se buscou información a través de cuestionarios e entrevistas. O resultado recóllese neste documento, pero unha das principais conclusións é que este é un ámbito de traballo novo no que non hai demasiadas prácticas e España está a ser pioneira.