Guía de Apoio Activo. «Non se trata do que fas senón como o fas»
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: 2019
Autoría: Laura Garrido. Apadis, Plena inclusión MadridBerta González. Plena inclusión España
Editorial: Plena inclusión España
Financiación: Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social
Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Apoios , Decidir con apoios
Descrición:
Baixo o lema de “Todos somos Todos” Plena inclusión pretende visibilizar as situacións das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento con grandes necesidades de apoio e as das súas familias. Esta estratexia quere provocar cambios e melloras nas oportunidades e os apoios que se lles ofrecen. En moitas ocasións, o feito de ter grandes necesidades de apoio (xa sexa pola presenza doutras discapacidades ou por mostrar condutas desafiantes1, que supoñen un importante desafío para os centros e servizos), fai que as persoas sexan excluídas de oportunidades de vida digna.
“Todos somos Todos”, representa a idea de que, no camiño cara á inclusión, a personalización e a cidadanía plena, ninguén debe quedarse fose. Todas as persoas, independentemente das súas necesidades de apoio, deben dispoñer dos apoios xustos e necesarios para poder exercer o maior control e influencia posible sobre a súa vida, xa sexa en cuestións cotiás como naquelas de maior relevancia.
Neste sentido, o Apoio Activo, emerxe nos últimos anos como un marco de traballo, un modelo de apoio, de formación e liderado que ofrece oportunidades valiosas para que todas as persoas con necesidades de apoio poidan ter unha participación activa na súa vida.

