Guía básica sobre Atención Temperá e Transformación
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: 2019
Autoría: Cristina Díaz SánchezCDIAT Asprona-Adapei.
Editorial: Plena inclusión EspañaAvda. General Perón, 32, 1º28020. Madrid.91 556 74 13.info@plenainclusion.orgwww.plenainclusion.org
Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Apoios
Descrición:
Esta guía pretende ser un recurso para quen inicia un proceso de transformación
en Atención Temperá orientándose cara a prácticas
centradas na familia e en contornas naturais. Non importa cal sexa
o teu papel, familia, profesional dun servizo ou programa de Atención
Temperá, cargo na directiva dunha entidade, profesional da
sanidade, da educación, da intervención social, unha das claves desta
guía é considerar que a transformación é un proceso colectivo
e por tanto, todos estamos implicados. Neste camiño, estaremos en mellor
disposición de co-crear, co-laborar e co-municar, se partimos de coñecementos
actualizados e compartidos, aproveitamos a experiencia
de quen xa iniciaron o camiño e orientámonos ao cambio deixando
a nosa mente, corazón e vontade abertos.

