Folleto sobre la Semana Santa de Lorca en lectura fácil
Datos Xerais:
Categoría: Lectura fácil
Publicado: 2025
Autoría: Adaptación de Plena inclusión Región de Murcia con validación de Apandis.
Editorial: Ayuntamiento de Lorca
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva
Descrición:
Unha Semana Santa diferente
Os desfiles de Semana Santa de Lorca
son diferentes ás doutros pobos e cidades.
Por exemplo, inclúen carreiras de cabalos.
Os cabalos corren pola gran avenida
do centro da cidade.
Unhas persoas cabalgan sobre os cabalos
ou en carros e outras desfilan andando.
Os cabalos e as persoas
levan bonitos vestidos especiais.
Están cosidos a man
cunha técnica tradicional de Lorca
e con fíos de seda e ouro.
Esta técnica chámase bordado lorquino.
Ademais, nos desfiles aparecen
personaxes da Historia e da Biblia
como Cleopatra, #Julio César, Salomón
ou a Raíña de Saba.
Por estas razóns e moitas máis,
estes desfiles son un espectáculo
que atrae a miles de espectadores.

