Escala de avaliación de necesidades familiares (menores de 18 anos)
Datos Xerais:
Categoría: Familias
Publicado: 2025
Autoría: Anna Balcells-Balcells (FPCEE Blanquerna, URL) Natasha Baqués (FPCEE Blanquerna, URL) Climent Giné (FPCEE Blanquerna, URL) Marta Gràcia (Universitat de Barcelona, UB) Joana M. Mas (FPCEE Blanquerna, URL) Anna Sala Bubare (FPCEE Blanquerna, URL) Cecilia Si
Editorial: Plena inclusión España. Avda. General Perón 32, 1º, 28020, Madrid.
Coordina: Climent Giné y Joana M. Mas
Financiación: Fundación ONCE
Publicación para: familias , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Descrición:
A miúdo os servizos relacionados coa discapacidade céntranse só no membro da
familia con discapacidade. Pero para dar resposta ás necesidades da persoa con discapacidade,
os servizos tamén deben satisfacer as necesidades de toda a familia.
O obxectivo desta escala de Avaliación das Necesidades Familiares é axudar ás familias
e aos profesionais para traballar xuntos para satisfacer as necesidades familiares.
Tamén que os centros e servizos (por exemplo, Educación, Atención Temperá, Transición
á Vida Adulta) poidan utilizar esta escala para tomar decisións relacionadas cos
programas e apoios que ofrecen ás familias.
A Avaliación das Necesidades Familiares, está organizada en catro partes:
Parte 1: Identificación das necesidades
Preséntanse algunhas tarefas básicas que, a miúdo, axudan ás familias para convivir mellor.
Pedímoslle que avalíe o grao de axuda que poida necesitar un ou máis membros da
súa familia para realizar cada unha das tarefas que se describen.
As opcións de resposta van desde 1 –“Ningunha necesidade” ata 5 –“Necesidade moi alta”.
Se marca 1, significa que non ten ningunha necesidade para esa tarefa.
Se marca 2, significa que ten unha necesidade baixa para esa tarefa.
Se marca 3, significa que ten necesidade para esa tarefa.
Se marca 4, significa que ten necesidade alta para esa tarefa.
Se marca 5, significa que ten necesidade moi alta para esa tarefa.
Parte 2: Selección das necesidades prioritarias
Pedímoslle que seleccione as cinco necesidades principais da súa familia. Para iso:
1º- Sinale as 5 tarefas ou actividades que son máis necesarias e urxentes para
a súa familia. #Fixar nas tarefas que marcou no apartado anterior con 4 (necesidade
alta) e 5 (moi alta). Tamén pode cambiar ou engadir algunha tarefa.
2º- Ordéneas por orde de importancia para a súa familia.
Se está a usar o formato electrónico da escala, ditas tarefas ou actividades sairán
automaticamente e poderá seleccionar o cinco máis prioritarias directamente da lista
e cambiar ou engadir algunha tarefa.
Parte 3: Identificación dos apoios
Pedímoslle que elixa o tipo de apoio que crea que vai ser máis útil para dar resposta a cada
unha das súas cinco necesidades prioritarias. Ofrécense catro tipos de apoio: emocional,
informativo, loxístico e económico.
Parte 4: Información xeral sobre o familiar con discapacidade e a súa familia.
Pedímoslle que proporcione información básica sobre vostede e o familiar con discapacidade.

