Enfoque Centrado na Familia Conceptualización e unha proposta de modelo operativo

Datos Xerais:

Categoría: Familias

Publicado: 2023

Editorial: Plena inclusión Euskadi. FEVAS

Publicación para: profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Familias

Descrición:

Este libro, publicado na colección Cadernos Deusto de Dereitos Humano (nº 104) do Instituto de Dereitos Humanos Pedro Arrupe, presenta os resultados dun proxecto de investigación colaborativo desenvolvido entre FEVAS Plena inclusión Euskadi (Apdema, Apnabi-Autismo Bizkaia, Aspace Guipúscoa, Gaude, Gautena e Uliazpi) e o equipo de investigación «Intervención: Calidade de Vida e Inclusión Social» da Facultade de Educación e Deporte da Universidade de Deusto. O obxectivo deste proxecto, asinado por María Villaescusa e Natxo Martínez (Universidade de Deusto), consistiu en identificar, desde a perspectiva de familias e profesionais, as prácticas que máis contribúen ao benestar, empoderamento e colaboración das familias e ofrecer un modelo tético-práctico que permita impulsar o seu desenvolvemento desde as entidades en favor das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.

Este estudo, que comeza cunha introdución cos fundamentos teóricos deste Enfoque, recolle a percepción de familias e profesionais. Ademais, identifica diversas accións que, en opinión familiares, persoas con discapacidade e profesionais, contribúen a fortalecer o papel das familias. A partir de todas as achegas, propón unha tipoloxía de prácticas centradas na familia que pode orientar ás entidades no desenvolvemento do modelo.

Financiado polo Departamento de Igualdade, Xustiza e Políticas Sociais do Gobierno Vasco e avalado por un informe do Comité de Ética en Investigación da Universidade de Deusto, este estudo pon de manifesto a necesidade de seguir profundando neste enfoque baseado nas fortalezas e competencias da familia e no recoñecemento do seu relevante papel na vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.