ENABLE. Informe de síntese internacional
Datos Xerais:
Categoría: Xustiza
Publicado: 2024
Publicación para: administracións públicas
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Internacional
Descrición:
Este informe, titulado Xuízo xusto denegado: as persoas acusadas con discapacidade enfróntanse a unha xustiza inaccesible na UE, foi elaborado pola Validity Foundation (Validity Alapítvány – Centro para os Dereitos das Persoas con Discapacidade Psicosocial) no marco do proxecto «Enabling Inclusion and Access to Justice for Defendants with Intellectual and Psychosocial Disabilities» (ENABLE – 101056701 – JUST-2021-JACC).
O proxecto ten como obxectivo promover o acceso á xustiza e garantir procesos penais máis xustos para as persoas acusadas con discapacidade intelectual e psicosocial en oito países da Unión Europea (Bulgaria, Chequia, Lituania, Portugal, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia e España), e é implementado por un consorcio formado por nove organizacións non gobernamentais con ampla experiencia.

