Educación 2030. Viaxe cara á inclusión
Datos Xerais:
Categoría: Educación
Publicado: 2022
Autoría: Plena inclusión España
Editorial: Plena inclusión España. Avenida General Perón 32, 1º. 28020. Madrid. info@plenainclusion.org 91 55 74 13.
Financiación: Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, a través de la X Solidaria.
Publicación para: profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Educación
Descrición:
Neste documento vas atopar unha proposta de viaxe. Quixemos utilizar unha
metáfora sinxela para poder integrar moitas ideas, que están estreitamente relacionadas.
Propoñémosche unha viaxe cara á educación inclusiva, no que vas atopar todos os
elementos necesarios para levalo a cabo:
– Un compás necesario para situar o norte do camiño e non desviarche del: un marco ético
e social sustentado en modelos de calidade de vida e personalización.
– Un destino ao que chegar, unha meta desexada cara á que nos movemos: a educación
inclusiva é un proceso, e seguramente nunca seriamos capaces de chegar a un destino final
porque sempre teriamos que seguir avanzando para facer a educación máis inclusiva.
A nosa meta é a transformación individual e institucional cara á inclusión, pero unha
meta que se vai renovando día a día, con novas barreiras que eliminar e novos desafíos
que lograr.
– Unha folla de roteiro que nos axude a identificar os pasos que debemos seguir, os lugares polos
que debemos pasar, e que trate de responder aos cómos que nos xurdirán durante esta viaxe:
claves para a transformación das escolas.

