Documento de Reflexión e conclusións sobre a Actividade do Comité de Ética de Plena inclusión desde a súa constitución ata 2017
Datos Xerais:
Categoría: calidade
Publicado: 2019
Autoría: Comité de Ética de Plena inclusión
Editorial: Plena inclusión
Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Ética
Descrición:
Este documento ten como propósito presentar a todo o Movemento Asociativo de Plena inclusión un resumo da actividade do Comité de Ética nos seus 12 anos de funcionamento.
Os obxectivos que pretende este documento son de 3 tipos:
1. Que todos poidamos visualizar, coa maior claridade posible, que achegou o Comité de Ética a Plena inclusión e, en xeral, ao sector da discapacidade intelectual.
2. Valorar se cumpriu a misión e os obxectivos aos que se comprometeu co Movemento Asociativo e coa súa contorna.
3. Posibilitar unha reflexión sobre como continuar coa súa contribución no desenvolvemento de comportamentos éticos no conxunto de Plena Inclusión.

