Documento de condicións: asesoramento no desenvolvemento comunitario a través da avaliación evolutiva

Datos Xerais:

Categoría: Lexislación

Publicado: 2022

Autoría: Plena inclusión España

Financiación: Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, a través del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.

Publicación para: empresas

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Vida en comunidade

Descrición:

Confederación Plena inclusión España (en diante Plena inclusión) busca a 
contratación dun servizo para o asesoramento no desenvolvemento 
comunitario a través da avaliación evolutiva que se prestan nas 
entidades do movemento asociativo Plena inclusión. 
Este servizo formará parte do Proxecto A miña casa: unha vida en comunidade, 
presentado por Plena inclusión á convocatoria Orde 
DSA/1199/2021, do 4 de novembro, pola que se establecen as bases 
reguladoras e convócanse subvencións para a realización de proxectos de innovación 
en materia de prevención da institucionalización, 
desinstitucionalización e desenvolvemento de servizos de apoio comunitarios no 
ámbito dos coidados de longa duración, vinculados co Plan de Recuperación, 
Transformación e Resiliencia. Ministerio de Dereitos Sociais 
e Axenda 2030, , financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. 
Concretamente, esta convocatoria responde á liña de investimento C22.I.1 
do Plan de recuperación: Desinstitucionalización, equipamentos e 
tecnoloxía que pretende experimentar con novas fórmulas e solucións de desinstitucionalización 
que xeren aprendizaxes que poidan ser 
transferidos a maior escala e contribúan ao desenvolvemento de novas políticas 
sociais.