De familia a familia. Guía de dinamización en educación sexual para ‘familias facilitadoras’ de persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento
Datos Xerais:
Categoría: Sexualidade
Publicado: 2026
Autoría: Míriam Blanco Somiedo. Idoia Benito Ibáñez. Natalia Bravo Araujo
Editorial: Plena inclusión Castilla-La Mancha y asociación 'Sexualidad y Discapacidad'
Coordina: Gaspar Pablo Tomás Díaz.
Colaboran: AFAS, Zaragüelles Integra, ADINA, Down Toledo
Financiación: Junta de Castilla-La Mancha y Fundación La Caixa
Publicación para: familias
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Familias
Descrición:
Esta guía é unha folla de roteiro e, por tanto, unha ferramenta que as familias
facilitadoras imos utilizar para sensibilizar, reflexionar e concienciar a outras
familias acerca da importancia de abordar a sexualidade das persoas con discapacidade
das nosas entidades.
Nela atoparemos unha primeira parte, onde se describe o noso
funcionamento, os obxectivos e estratexias. Analizamos aspectos relevantes
da sexualidade, exploramos sobre as inquietudes que temos as familias,
coñecemos os dereitos sexuais e reprodutivos, analizamos conceptos clave
para saber que entendemos por sexualidade a través do Posicionamento de Plena
Inclusión e dotamos de ferramentas para facilitar a comunicación.
Na segunda parte, atoparemos recursos para dinamizar, consellos prácticos
para chegar e apoiar a outras familias, ferramentas de traballo en grupo, recursos
web. Todo co fin de xerar un ambiente de apertura, respecto e comunicación
entre as propias familias en canto ao que a sexualidade se refire.
Somos conscientes de que a sexualidade para moitas familias segue sendo un
tabú. A falta de educación sexual, crenzas culturais e relixiosas, o medo
para espertar a curiosidade, a incomodidade e a vergoña, non axudan a que nos acheguemos
a ela sen medo. Por iso, a idea é que a guía sexa respectuosa,
fácil de comprender e con información actualizada, que apoie ás familias que
a utilizan.
Está feita a partir do traballo, as experiencias e reflexións de familiares de persoas
con discapacidade intelectual e/o do desenvolvemento, liderada desde a rede
de Igualdade e Sexualidade de Plena inclusión Castela-A Mancha, co apoio
de profesionais de entidades como Afas, Zaragüelles, Adina e Down Toledo.
Tamén contamos co asesoramento de profesionais da Asociación
Sexualidade e Discapacidade

