Conciliación desde a inclusión. Un compromiso coas familias
Datos Xerais:
Categoría: Familias
Publicado: 2026
Autoría: Red de Apoyo a Familias. Plena inclusión España
Editorial: Plena inclusión España. Avenida General Perón 32, 1º. 28020. Madrid. info@plenainclusion.org 91 55 74 13.
Coordina: Red de Apoyo a Familias. Plena inclusión España
Publicación para: familias
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Familias
Descrición:
En Plena inclusión, cremos firmemente
que a inclusión é un dereito que se constrúe
no día a día. Para as familias
de persoas con discapacidade intelectual
e do desenvolvemento (DID), isto significa poder
equilibrar as responsabilidades do
coidado co resto da súa vida familiar,
laboral e persoal.
O acceso a servizos de conciliación
non é un privilexio, senón un dereito
fundamental para lograr a plena
inclusión de toda a familia. Sen estes apoios,
os familiares a miúdo ven
obrigados a renunciar ás súas carreiras, ao
seu benestar persoal e á súa vida social,
o que aumenta o risco de exclusión e
sobrecarga.
Este documento ten como obxectivo
analizar as barreiras e propoñer modelos
de servizo que realmente funcionen.
Ofrece unha guía con conceptos, principios,
exemplos e recomendacións para que
as administracións, as empresas, as
entidades e as propias familias poidan
impulsar apoios que garantan unha
conciliación efectiva.
Queremos visibilizar esta necesidade
urxente e sentar as bases para un futuro
onde cada persoa poida desenvolver o seu
proxecto de vida.

