Comunidades accesibles. Ferramenta 1: Equipo de exploración, Roles e competencias

Datos Xerais:

Categoría: Accesibilidade

Publicado: 2024

Autoría: Plena inclusión España

Financiación: Fundación ONCE y el Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030

Publicación para: administracións públicas , empresas , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Accesibilidade cognitiva

Descrición:

Este proxecto ten como obxectivo:
Promover procesos de transformación e innovación social 
a través da accesibilidade cognitiva
para potenciar comunidades máis accesibles e inclusivas.
O proxecto chámase Pilotaxe de Comunidades Accesibles.
Unha pilotaxe é unha proba que se fai 
para poñer en marcha novas ideas.
Se esta proba ten éxito
pódese repetir noutras contornas parecidas 
para mellorar a sociedade
para sexa accesible e inclusiva.
Nesta pilotaxe faremos
varias avaliacións de contornas
de diferentes liñas de transporte público 
en varios lugares de España.
Seguiremos unha mesma metodoloxía 
para mellorar a accesibilidade cognitiva
e poñeremos en común os resultados.
Para facer este proxecto
formaremos varios equipos de traballo: 
1 equipo promotor.
1 equipo capacitado na metodoloxía
de avaliación de contornas e pilotaxe.
10 equipos de exploración.
O equipo promotor encargarase de pensar 
os pasos para seguir e as ferramentas para usar 
para facer a avaliación de contornas.
Por exemplo, as fichas que usaremos
para avaliar a contorna.
Tamén se encargará de coordinar o traballo 
cos equipos de exploración
e de realizar o informe final da pilotaxe