Como preparar a túa visita á xinecóloga

Datos Xerais:

Categoría: Muller

Publicado: 2020

Editorial: Plena inclusión Comunidad Valenciana

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Muller

Descrición:

Todas as mulleres ao longo da nosa vida
necesitamos ir á xinecóloga.

A xinecóloga é a médica
que coida da nosa saúde sexual.
Tamén atende as mulleres
desde que temos a primeira menstruación.

Este folleto explica:

Como é unha revisión xinecolóxica.
Cando pedir unha revisión xinecolóxica.