Como pedir a tarxeta sanitaria preferente
Datos Xerais:
Categoría: Saúde
Publicado: Novembro 2023
Autoría: CEACOG. Centro de accesibilidad cognitiva español + FADEMGA Plena inclusión Galicia
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva , Saúde
Descrición:
Nalgunhas comunidades autónomas
as persoas poden ter
unha tarxeta de atención sanitaria preferente.
As persoas que teñen esta tarxeta
esperan menos tempo nas consultas médicas
e poden estar acompañadas no médico
todo o tempo.
Só algunhas persoas
teñen dereito a ter a tarxeta sanitaria preferente.
En cada comunidade autónoma
os requisitos para pedir a tarxeta sanitaria preferente
son distintos.
Nesta guía vas aprender
como podes pedir a tarxeta sanitaria preferente.