Como entender unha nómina (lectura fácil)
Datos Xerais:
Categoría: Emprego
Publicado: 2024
Editorial: Plena inclusión Región de Murcia
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Emprego
Descrición:
Que é este documento?
Este documento explica a nómina.
Explica: - que é cada parte - e que significan as palabras máis difíciles.
As nóminas son un pouco diferentes
en cada empresa.
A túa nómina pode ser un pouco diferente
ao noso exemplo,
pero ten as mesmas partes
e poderás entendela mellor
con estas explicacións.
Que é unha nómina?
A nómina é un documento
que dan as empresas
ás persoas contratadas.
A nómina explica o soldo
de cada persoa contratada.
A empresa entrega a nómina
cando paga o soldo.

