Como entender un contrato de traballo (lectura fácil)
Datos Xerais:
Categoría: Emprego
Publicado: 2024
Editorial: Plena inclusión Región de Murcia
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Emprego
Descrición:
Que é este documento?
Este documento explica o contrato de traballo: - Os tipos de contrato - e as partes dun contrato
En España,
o documento dun contrato é sempre igual.
É un modelo de contrato que podes atopar
na páxina web do SEPE.
O SEPE é o Servizo Público de Emprego Estatal.
Que é un contrato de traballo?
O contrato de traballo é un acordo
entre a persoa traballadora e a empresa.
Un traballador que traballa para unha empresa
debe ter un contrato de traballo.
Unha empresa que ten a un traballador sen contrato
comete unha infracción.
Unha infracción é algo
que vai contra as normas.

