Como crear un portafolio para emprego personalizado

Datos Xerais:

Categoría: Emprego

Publicado: 2022

Autoría: Plena inclusión España

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Emprego

Descrición:

Un portfolio é
un tipo de currículo:
un documento para buscar traballo.
É un documento moi visual:
con moitas fotos.

É un resumo das túas habilidades
que serve para ensinalo
ás persoas de empresas
que poidan contratarte.

Co portafolio,
coñecerán as túas capacidades.

Este documento dá algúns consellos
para crear un portafolio.

Consellos para crear portafolios
Destaca primeiro
as habilidades da persoa
que poidan interesar
a esa empresa.
Pon mensaxes claras e positivos.
Inclúe fotos da persoa
en acción,
facendo tarefas relacionadas
co traballo.
Evita fotos en momentos de lecer
ou en espazos segregados.
Prioriza os talentos,
evita etiquetar a discapacidade.
Destaca intereses relacionados
co emprego.
Pon os intereses ao final.