Claves para fomentar a amizade
Datos Xerais:
Categoría: Ocio
Publicado: 2023
Autoría: Red de Ocio
Editorial: Plena inclusión España
Publicación para: familias
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Vida en comunidade
Descrición:
A amizade é un afecto privado,
puro e desinteresado
que se comparte con outra persoa.
Baséase na confianza, o respecto mutuo,
a xenerosidade e o cariño.
Adoita empezar desde a infancia,
pero podemos facer amizades
ao longo da nosa vida.
Xorde de forma natural cando estamos
con outras persoas en diferentes contornas:
espazos de lecer, na escola,
no traballo, etc.
As organizacións de Plena inclusión
teñen o compromiso ético de fomentar
as relacións de amizade
das persoas con discapacidade.
A amizade mellora a nosa saúde
e é un dereito.
A infografía tamén explica:
Por que os servizos de lecer
deben centrarse na amizade?
Claves para potenciar a amizade
desde un servizo de lecer.

