Catálogo de formacións dirixidas a Axentes Públicos e Comunitarios
Datos Xerais:
Categoría: Educación
Publicado: 2023
Autoría: Plena inclusión España
Editorial: Plena inclusión España
Financiación: Unión Europea NextGenerationUE, gestionado por el Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030. Convocatoria Orden DSA/1110/2022”
Publicación para: profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Educación
Descrición:
Queres coñecer mellor a realidade da discapacidade intelectual? Gustaríache formarche e así saber que é a accesibilidade cognitiva ou a desinstitucionalización?
Podes facelo, de forma gratuíta, grazas á Plataforma de Formación dirixida a Axentes Públicos e Comunitarios que pon á túa disposición o movemento asociativo de Plena inclusión. Esta oferta xorde no marco do Proxecto Transformación Dixital para a Inclusión, unha iniciativa apoiada polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiada polo fondo Europeo de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Trátase dunha formación aberta na que se prioriza que participen profesionais que actúan como axentes públicos e comunitarios. Neste perfil entran: persoal de administracións públicas e entidades privadas; recursos técnicos e profesionais públicos e privados, e tamén de entidades cidadás (asociacións, colectivos sociais, etc.
Nos 8 cursos que poñemos á túa disposición aprenderás sobre temas de gran interese como: lectura doado, Trastorno do Espectro Autista (TEA), educación inclusiva, coprodución, emprego inclusivo, etc. Son cursos de autoformación para realizar en liña. A formación, que se inicia en setembro, está dirixida a axentes públicos e comunitarios que queiran completar a súa formación para ofrecer un valor engadido ao seu traballo.
No catálogo adxunto podes ver os detalles de cada curso e como apuntarche.
Importante: Os cursos inícianse en setembro e a inscrición permanecerá aberta ata o mes de decembro de 2023.
Inscrición aquí
Esta formación está enmarcada no Proxecto Transformación Dixital para a Inclusión, que forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que financia a Unión Europea cos fondos NextGenerationUE, e que conta coa coordinación do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Da xestión ocúpase Plena inclusión España.

