Catálogo 2025: Solucións innovadoras avanzar en apoios personalizados e en comunidade

Datos Xerais:

Categoría: ÁREA SOCIAL

Publicado: 2025

Autoría: Plena inclusión España

Financiación: Ministerio de Derechos Sociales. Cosumo y Agenda 2030

Publicación para: administracións públicas , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Apoios

Descrición:

Os últimos anos xeramos condicións que están a facilitar un avance real nos 
modelos de atención ás persoas: a atención centrada na persoa converteuse 
no obxectivo do Terceiro Sector e aspírase a el desde os ámbitos de persoas maiores, con discapacidade, 
en situación de sinhogarismo, infancia protexida, migración, así como desde os 
servizos sociais, sanitarios e culturais, tanto nos contextos públicos e como nos privados.
A Estratexia Estatal para un novo modelo de coidados na comunidade e os fondos 
de recuperación pavimentaron un magnífico camiño de experimentación que estamos 
a aproveitar desde todos estes espazos.
A evolución dos servizos sociais e do propio sistema de benestar, así como o 
recoñecemento social dos dereitos de moitos colectivos que viven situacións de especial 
vulnerabilidade, foron suscitando a necesidade dun cambio no modelo de coidados máis 
xusto e adaptado aos nosos actuais modos de vida.
Compartimos unha linguaxe común e gran consenso á hora de definir como nos imaxinamos 
as organizacións do futuro, e sobre todo, onde nos imaxinamos os apoios das persoas: 
nos seus barrios, nas súas vidas.
A estratexia de imaxinar futuros posibles e poñelos a proba a través de proxectos piloto 
está a servirnos como espazo de experimentación práctico e devólvenos evidencia sobre 
maneiras de levalo a cabo.
Plena inclusion converteuse nunha ferramenta de innovación e transformación social 
ao dispor do sistema e da cidadanía no seu conxunto, un lugar de aprendizaxe valiosa 
desde o que se están testando hoxe solucións que compartiremos con outros mañá. E 
o obxectivo non é outro que buscar solucións diferentes á mesma #cuestión: que as persoas 
vivan vidas dignas, que reciban os apoios que precisan e desexan nos contextos de vida 
normais (“An ordinary life” que dicía David Towell hai máis de 30 anos) nos que nos atopamos 
todos.
“Vidas normais en sitios normais” fai referencia aos espazos comúns, 
compartidos co resto da sociedade. Por iso, seguimos apostando por procesos de desinstitucionalización 
e prevención desta, así como da transformación dos modelos 
de centros e servizos como estratexia irrenunciable para Plena inclusión (no Anexo 1 
anexamos máis información sobre desinstitucionalización e transformación de centros e 
servizos).
O marco estratéxico Gañamos en comunidade nos desafía a través de 11 RETOS que 
alcanzaremos mediante accións e proxectos de transformación compartidos (no Anexo 2  
anexamos un esquema sobre como ao longo de 2025 as solucións innovadoras expostas 
contribuirán aos retos de Gañamos en Comunidade)