Avós e avoas de netos con discapacidade. Un apoio fundamental para toda a familia
Datos Xerais:
Categoría: Familias
Publicado: 2022
Autoría: Angels Ponce
Editorial: Nexe Fundació
Financiación: Ministerio de Sanidad y Bienestar Social a través de la X Solidaria y Ayuntamiento de Barcelona
Publicación para: familias
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Descrición:
Este Manual está pensado para ti: avó e avoa que tes algún neto con discapacidade ou trastorno do desenvolvemento, que te preocupas por el e que queres ir un pouco máis aló, que buscas información sobre a discapacidade e sobre como apoiar á túa familia.
Non é unha recompilación de recomendacións terapéuticas nin substitúe a orientación de ningún profesional: cada casa é un mundo e cada neno con discapacidade é diferente.
Fundaméntase no que aprendemos de todas as avoas e avós que pasaron por Nexe Fundació desde o ano 2011 (e os que aínda é-tán), compartindo connosco as súas experiencias e inquietudes.
Desde entón, somos grandes entusiastas do papel que teñen os avós na vida dos nenos con discapacidade: son un apoio moi im-portante para os pais, á vez que un gran estímulo para os nenos e nenas: ámanos, arrullan e preocúpanse por eles. Están dispostos a todo e non deixan nunca de aprender!!!

