Artigo de opinión: Cando marcas a X Solidaria na túa declaración da renda apoias miles de proxectos sociais e a sociedade avanza

Datos Xerais:

Categoría: Comunicación

Publicado: 2021

Autoría: Asunción Montero. Presidenta de la Plataforma de ONG de Acción Social.

Editorial: Plataforma de ONG de Acción Social.

Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Comunicación

Descrición:

Un ano máis as persoas contribuíntes teñen un papel moi importante na 
declaración da renda:  poden elixir darlles un fin solidario aos seus impostos e destinar 
unha parte deles a impulsar miles de proxectos sociais que desenvolven as ONG e que 
axudan a millóns de persoas que o necesitan. Un papel que, se sempre foi 
importante, este ano tórnase aínda máis fundamental xa que a pandemia da COVID19 
supuxo un paso atrás para moitas persoas, xerando unha grave crise sanitaria, 
económica e social que, aínda que afectou de xeito máis ou menos directo a toda a 
sociedade, golpeou con forza ás persoas máis vulnerables da nosa sociedade: 
persoas en situación de pobreza e exclusión social, persoas maiores, con discapacidade, 
mozas e infancia… todas elas son quen se beneficia desta 
solidariedade cidadá que queda manifesta cando se marca a casa “Actividades de Interese 
Social”.