Actívate. Manual de instrucións para cambiar o mundo
Datos Xerais:
Categoría: Voluntariado
Publicado: 2021
Autoría: Fermín Núñez, Amalia San Román, Blanca Tejero, Antonio Hinojosa, Cristina Paredero, Miguel Iglesias.Diseño y maquetación: Bárbara López de Toledo.Ilustraciones: Pernan Goñi.
Editorial: Plena inclusión EspañaAvda. General Perón, 32, 1º.28020. Madrid.
Coordina: Fermín Núñez
Financiación: Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030. X Solidaria.
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Voluntariado , Participación
Descrición:
Nesta guía vas poder atopar
consellos útiles
para converterche en activista.
Unha persoa activista
é a que loita polos dereitos
ou contra as inxustizas.
Tamén vas atopar
experiencias de persoas con discapacidade intelectual
que son activistas nos seus pobos e nos seus barrios.
Plena inclusión fixo esta guía
dentro do proxecto «O Poder das Persoas»
que persegue empoderar
ás persoas con discapcidad intelectual ou do desenvolvemento
para que sexan protagonistas das súas vidas,
se autorepresenten sendo líderes nas súas organizacións
e poidan participar na sociedade
como o resto de cidadás.
Nesta guía poderán atopar
algúns consellos prácticos
e exemplos de experiencias
para converterse en activistas
e poder loitar polo que consideren
que é xusto e solidario para outras persoas.
Unha das ideas máis importantes desta guía
é que calquera persoa pode ser activista
e non fai falta facer grandes cousas.
Basta con querer cambiar pequenas cousas ao redor
na nosa vida cotiá
ou na forma que temos de comprar, de alimentarnos
ou de transladarnos.

