Achegas de Plena inclusión España ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e discapacidade

Datos Xerais:

Categoría: Muller

Publicado: 2024

Publicación para: administracións públicas

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Muller

Descrición:

Plena inclusión España é unha organización representativa das persoas con discapacidade 
intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias con implantación en todo 
o territorio nacional cuxa misión é contribuír, desde o seu compromiso ético, con apoios 
e oportunidades, a que cada persoa con discapacidade intelectual ou do 
desenvolvemento e a súa familia poidan desenvolver o seu proxecto de calidade de vida, así como 
a promover a súa inclusión como cidadá de pleno dereito nunha sociedade 
xusta e solidaria. 
O movemento asociativo Plena inclusión está composto por 19 federacións 
autonómicas, 3 socios de ámbito nacional e 935 organizacións en toda España 
e reúne ao redor de 140.000 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, 
235.000 familiares, 40.000 profesionais e 8.000 persoas voluntarias que lles 
prestan apoio, así como outras persoas asociadas e simpatizante. 
Plena Inclusión converteuse nun referente para as institucións do Estado 
e para gran parte dos axentes sociais cando toca falar de discapacidade 
intelectual e do desenvolvemento. A loita por reivindicar os dereitos das persoas 
con discapacidade e as súas familias é unha das prioridades da acción que 
desenvolve, a través de estratexias moi diversas, en toda España. 
Plena inclusión está comprometida con CADA persoa, independentemente de se 
esa persoa pertence ou non ao noso movemento asociativo. Compromiso que 
adquire especial relevancia no ámbito da violencia contra as mulleres, 
debido á especial vulnerabilidade das mulleres con discapacidade intelectual 
#ante determinados tipos de violencia, como a trata de seres humanos.