A túa asociación necesítate. Guía sobre a participación e representación das persoas con discapacidade intelectual nas súas asociacións

Datos Xerais:

Categoría: Protocolos internos

Publicado: 2021

Editorial: Plena inclusión Murcia

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Asociacións , Participación

Descrición:

As persoas con discapacidade
recuperastes o dereito para votar.
Elixides as persoas que gobernan
os vosos municipios,
a vosa comunidade autónoma e o voso país.

Tamén podedes entrar en partidos políticos,
clubs deportivos e asociacións culturais,
por exemplo.

En todos estes grupos
tamén podedes votar,
opinar e decidir.

Tamén nas vosas asociacións
podedes participar.
Se queres saber como, le esta guía.

As persoas con discapacidade
tedes moito que dicir
e facer nas vosas asociacións.

Podedes opinar e decidir xunto coas nais,
os pais e as e os profesionais
dos centros e servizos.

Queremos axudarvos a participar.
Unha das cousas máis importantes para participar
é ter información que se entenda ben.
Por iso esta guía está feita en lectura doado.