A persoa facilitadora en procesos xudiciais
Datos Xerais:
Categoría: Xustiza
Publicado: 2020
Editorial: Plena inclusión España
Lectura Fácil: Si
Publicación para: profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Apoios
Descrición:
Aínda que en España a figura do profesional facilitador empeza a ser coñecida por unha ampla maioría dos operadores xurídicos, a día de hoxe non existe ningún documento que concrete cales son as súas características principais e labores.
Plena inclusión leva tempo realizando un intenso traballo no ámbito dos axustes de procedemento con especial fincapé na necesidade do desenvolvemento e recoñecemento xurídico desta figura.
No documento, abórdanse as seguintes cuestións:
• Que é unha persoa facilitadora nun proceso xudicial?
• Quen pode solicitar a intervención dunha persoa facilitadora?
• Un facilitador non é: diferenzas con outros perfís participantes no proceso.
• Principios de actuación da persoa facilitadora.
• Funcións da persoa facilitadora.
• Coñecementos necesarios para o exercicio das súas funcións.
• Seguintes pasos.

