A oficina de atención ás vítimas
Coñece toda a información sobre como funciona esta oficina
Datos Xerais:
Categoría: Exclusión
Publicado: Outubro 2021
Autoría: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Lectura Fácil: Si
Publicación para: familias , persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Apoios , Decidir con apoios , Exclusión
Descrición:
As oficinas de Atención ao Cidadán e Asistencia á Vítima
dan información e axuda gratis
ás persoas vítimas de delitos ou ás súas familias.
Un delito é un acto en contra da lei:
por exemplo roubar ou facer dano a outra persoa.
Calquera persoa vítima dun delito
pode pedir información e axuda nestas oficinas.