A biblioteca de Julia. Lectura doado

Datos Xerais:

Categoría: Accesibilidade

Publicado: 2023

Autoría: Andrea Catalán Lanzarote. Ilustraciones: Inés Real

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Accesibilidade cognitiva , Cultura

Descrición:

Martín é un neno cego.
Sabes como pode atopar
libros na biblioteca?

Sabes que hai libros
con páxinas en branco
que Martín si pode ler?

A biblioteca de Julia
parece un pouco máxica
pero é moi real.

Coñece as historias fantásticas
de Martín Ana, Laura,
Carlos ou Noah.

Plena inclusión agradece ás autoras
a cesión da obra
para difundila de forma gratuíta.

Este conto é moi interesante
para falar a nenas e nenos
sobre a diversidade e a accesibilidade.
Ademais inclúe actividades.

Este conto é o resultado
do Traballo de Fin de Grao
realizado por Andrea Catalán
na Facultade de Psicoloxía
da Universidade de Salamanca.

O equipo de validación deste conto
forman parte do Programa Unidiversitas
curso 2021 a 2022.

Programa Operativo de Emprego Xuvenil
2014-2020 cofinanciado polo fondo
Social Europeo e Fundación ONCE.

V Convocatoria para o desenvolvemento
de programas universitarios dirixidos a mozos con discapacidade intelectual inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.