10 pautas para crear contidos accesibles en páxinas web e apps

Datos Xerais:

Categoría: Accesibilidade

Publicado: 2020

Autoría: Plena inclusión en la traducción al castellano y adaptación a lectura fácil

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Accesibilidade cognitiva

Descrición:

Tradución dos 10 consellos principais
dunha guía do #W3C.

A guía trata sobre
como facer máis doados de usar e entender
as páxinas web
e as aplicacións dos teléfonos.
A guía trata sobre o contido.
Por exemplo: o texto ou as imaxes.

O #W3C é un organismo de moitos países
que dá consellos para mellorar internet.

Os 10 consellos son:

1. Axuda a comprender
que son as cousas
e como usalas

Usa elementos familiares.
Evita que teña que aprender
novos símbolos, palabras ou costumes.
Por exemplo: se as palabras con ligazóns
adoitan estar subliñadas,
é mellor facelo sempre así.

2. Axúdame a atopar
o que necesito

Navegar por unha páxina web
debería ser doado.
O deseño debe ser claro
e doado de seguir.

Usa títulos e formas
que axuden a diferenciar
cada parte.

3. Usa textos e imaxes claros

Recomendámoste usar:
– Palabras sinxelas.
– Frases curtas.
– Bloques de texto pequenos.
– Imaxes claras.
– Vídeos doados de entender.

4. Dá diferentes formas
de entender o contido

Para iso podes usar:
– Imaxes e gráficos.
– Resumos de documentos longos.
– Iconas en títulos e ligazóns.
– Explicacións de cifras grandes.

5. Axúdame a evitar erros

Un bo deseño
evita que aparezan tantos erros.

Se hai erros,
axúdame a resolvelos
de forma sinxela.

6. Axúdame a concentrarme

Evita que teña distraccións.
Se me distraio, os títulos axúdanme a orientarme.
Crea faragullas de pan:

é un camiño coas ligazóns
para que poida ver
por onde vou da páxina web
e volver cara atrás.

7. Evita que teña que memorizar

Hai moitas persoas
ás que lles custa lembrar.
Por exemplo: contrasinais longos
ou lembrar unha palabra complicada.

Asegúrate de que haxa unha opción máis sinxela.

8. Facilita que unha persoa
poida contestarme e axudarme

Se as persoas teñen dificultades
para enviarche os seus comentarios,
nunca saberás se entenden o contido
ou se teñen problemas con el.

9. Apoia a adaptación e personalización

Hai persoas con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento que usan tecnoloxías de apoio.

Fai que a túa páxina web ou a túa app
póidase usar
con calquera tecnoloxía
deste tipo.

10. Valida con persoas
con discapacidade!

Fai que persoas con discapacidade
intelectual ou do desenvolvemento
participen na creación
da túa páxina web ou a túa app.

Son as verdadeiras expertas:
saben o que necesitan.

Conta con elas
en grupos focais,
equipos de deseño
e probas de usabilidade.