Voluntariado

Forma parte do cambio!

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia e as nosas entidades federadas ofrecémosche experiencias enriquecedoras, espazos para participar e achegar ideas e a posibilidade de formar parte dun movemento de cambio social.

Escoitamos as túas motivacións, ofrecémosche formación e poñémoste en contacto con organizacións que poidan ofrecerche a experiencia de voluntariado axustada ás túas expectativas.

 

O VOLUNTARIADO NO NOSO MOVEMENTO ASOCIATIVO


En Plena inclusión hai máis de 8 mil persoas voluntarias que apoian a persoas con discapacidade intelectual.

O seu papel é importante, porque serven para unir ás persoas con discapacidade intelectual co resto da sociedade a través de relacións únicas e diferentes ás que a persoa con discapacidade pode ter coa súa familia ou cos seus profesionais de apoio.

Se che interesa colaborar mediante algunha actividade de voluntariado, podes buscar cal é a túa asociación máis próxima ou contactarnos neste formulario especificando “Solicitude de voluntariado”.

 

COLABORA COMO EMPRESA OU INSTITUCIÓN


Que poden facer as empresas e institucións para comprometerse coa plena inclusión das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias?

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia podemos orientarche sobre as diferentes posibilidades de colaboración connosco: voluntariado corporativo, prestación de servizos, inclusión no emprego, difusión de actividades e un longo etcétera.

Contacta connosco e actúa pola plena inclusión!

 

FINANCIACIÓN E COLABORACIÓN


Programa financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades.