Sexualidade

Información, apoio e acompañamento en sexualidade

O servizo de asesoría sexolóxica de FADEMGA Plena inclusión Galicia "ACENDE" é un espazo onde podes falar sobre sexualidade, sentimentos, desexos e todo o que se relaciona co benestar emocional e físico na túa vida íntima. É un servizo seguro e confidencial, onde poderás expresar as túas dúbidas ou inquedanzas.

ONDE E CANDO?

A asesoría realizarase en toda a comunidade autónoma.

Dependerá do lugar do que sexas e farase no sitio máis próximo a ti ou no que che resulte máis cómodo.

Dispoñemos de horarios flexibles para que poidas elixir o mellor momento para ti.

 

POR QUE É IMPORTANTE A ASESORÍA SEXOLÓXICA?

Porque axúdanos a falar de maneira libre sobre sexualidade.

Axúdanos a comprender mellor os sentimentos e desexos.

Aprendemos a respectar os nosos límites e os dos demais.

Melloramos as nosas relacións afectivas e sexuais.

Resolvemos dúbidas sobre a túa orientación.

 

COMO PODES SOLICITAR AS ASESORÍAS?

Cubre esta ficha de autorización.

Se necesitas un apoio especial, podes chamar ou escribir ao seguinte número de teléfono: 683 43 00 12

 

QUEN PODE FACER USO DESTA ASESORÍA?

Todas aquelas persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, coa finalidade de dar resposta ás súas necesidades.

 

CUSTO E PRAZO DO SERVIZO

As tres primeiras sesións son gratuítas.

Podes solicitar esta asesoría durante todo o ano. 

 

Descarga aquí a información do Servizo.