"Xornada sobre discapacidade intelectual e a saúde mental": Unha mirada integral ao envellecemento das persoas con discapacidade intelectual

Organizada por ASPANANE coa colaboración de FADEMGA Plena inclusión Galicia, terá lugar o vindeiro 7 de febreiro no Hospital da Mariña (Burela)

"Xornada sobre discapacidade intelectual e a saúde mental": Unha mirada integral ao envellecemento das persoas con discapacidade intelectual

A asociación ASPANANE e FADEMGA Plena inclusión Galicia, estamos a organizar a 5ª edición da "Xornada sobre discapacidade intelectual e saúde mental", na que convidamos a participar a profesionais, familias e público en xeral, co fin de aprender e promover unha reflexión sobre o proceso de envellecemento do colectivo e o tipo e atención integral que precisa. 

O encontro terá lugar o vindeiro 7 de febreiro no Salón de Actos do Hospital da Mariña (Burela), e busca ofrecer unha visión multidisciplinar sobre os aspectos máis relevantes da saúde e o envellecemento en persoas con discapacidade intelectual, así como compartir experiencias e boas prácticas para o acompañamento e coidado en todas as etapas da vida.

Entre as poñencias que poderemos escoitar cabe destacar a xeriatría como especialidade para coidar a saúde das persoas con discapacidade intelectual, os retos asociados a atención do colectivo ou aspectos clave para a saúde mental das persoas con discapacidade intelectual entre outras. 

Aquelas persoas interesadas en participar, podedes achegarnos a vosa inscrición a través deste formulario. (Prazo aberto ata o 31 de xaneiro)

A inscrición é gratuíta ata completar aforo.

DESCARGA AQUÍ O PROGRAMA DA XORNADA. 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.