Xa podes consultar e descargar o novo Código Ético de Plena inclusión

Un camiño claro para actuar con valores comúns.

Xa podes consultar e descargar o novo Código Ético de Plena inclusión

Plena inclusión vén de publicar o seu novo Código Ético, un documento clave que marca as liñas de actuación e os valores comúns do movemento asociativo. Este texto, xa dispoñible para consulta e descarga, pretende reforzar o compromiso colectivo con principios que inspiran a acción cotiá das entidades e das persoas que forman parte da rede.

Un documento para guiar accións e decisións

O Código recolle cinco valores fundamentais que sustentan a misión de Plena inclusión: respecto, xustiza, vida plena, diálogo, e integridade.

Ademais de definir estes principios, o texto ofrece orientacións prácticas para a toma de decisións e o exercicio das responsabilidades diarias, servindo como guía para profesionais, familias, persoas voluntarias e persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.

Compromiso social compartido

A publicación do novo Código Ético forma parte do programa de Fortalecemento organizacional, financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 a través da convocatoria de subvencións 0,7 para actividades de interese social 2025. Esta iniciativa faise posible grazas á aportación da cidadanía que marca a X Solidaria na súa declaración da renda, e conta tamén co apoio da Fundación ONCE.

Descarga aquí o novo Código.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.