Xa podes inscribirte en ‘Soster para avanzar’, unha xornada na Coruña sobre sostenibilidade organizacional

Claves para avanzar cara a unha organización máis sostible: gobernanza, aprendizaxe, coidado das persoas e dos equipos, calidade, innovación, alianzas e economías coherentes coa nosa misión.

Xa podes inscribirte en ‘Soster para avanzar’, unha xornada na Coruña sobre sostenibilidade organizacional

Plena inclusión abre o prazo de inscrición para a xornada ‘Soster para avanzar: aprendizaxes e estratexias para a sostenibilidade organizacional nas entidades de Plena inclusión’.

O encontro, organizado por Plena inclusión Confederación e FADEMGA Plena inclusión Galicia, celebrarase o próximo 24 de setembro de 2026, de 10.00 a 18.00 horas, no Paraninfo da universidade da Coruña.

Podes consultar o programa nesta ligazón.

UN ESPAZO PARA COMPARTIR E APRENDER

Esta xornada será un lugar de encontro para compartir ideas, experiencias e coñecementos sobre como mellorar a sostenibilidade das organizacións do movemento asociativo de Plena inclusión.

Durante o día falarase de temas importantes como:

- O bo goberno e a xestión das entidades

- Como construír organizacións que aprenden

- O coidado das persoas e os equipos

- A calidade e a mellora continua

- A innovación, a tecnoloxía e o traballo en rede

- As formas de economía coherentes coa misión

Tamén se presentarán prácticas exemplares de distintas entidades do movemento asociativo.

MIRADA AO FUTURO

A xornada incluirá ademais contidos sobre tendencias e recomendacións para avanzar na sostenibilidade económica das organizacións. Para iso, compartiranse resultados de estudos realizados por Plena inclusión e a Universidade da Coruña, entre eles, a análise sobre sostenibilidade económica. Haberá tamén un espazo de debate para reflexionar sobre os retos de futuro.

A QUEN VAI DIRIXIDA?

Esta xornada está pensada especialmente para persoas que:

- Toman decisións nas organización

- Forman parte de equipos de dirección ou coordinación

- Traballan en planificación e Xestión

- Participan en órganos de goberno

- Dirección de Recursos Humanos

A xornada ten 250 prazas, que se asignarán por orde de inscrición.

Podes inscribirte aquí: https://www.plenainclusion.org/l/asistencia-sostenibilidad-2026/

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.