Xa podes anotarte no Encontro Autonómico de Familias 2026!

Unha xornada para escoitar ás familias, compartir experiencias e fortalecer a súa participación na vida asociativa.

Xa podes anotarte no Encontro Autonómico de Familias 2026!

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia abrimos a convocatoria para participar nunha nova edición do Encontro Autonómico de Familias, que este ano celebraremos baixo o lema “Con voz propia”.

A xornada terá lugar o sábado 19 de setembro de 2026, no Gran Hotel Los Abetos, en Santiago de Compostela, e estará dedicada á toma de decisións informadas, á comunicación no ámbito familiar e á participación activa das familias nas organizacións.

Queremos que este encontro sexa un espazo para escoitar, compartir experiencias e poñer en común dúbidas, necesidades e propostas. Unha xornada na que as persoas con discapacidade intelectual e as familias terán voz propia para falar do que importa no día a día e do papel que xogan as familias como apoio, acompañamento e parte activa da vida asociativa.

Ao longo do día abordaremos cuestións como as decisións informadas dende a experiencia do servizo xurídico, ferramentas para mellorar a comunicación dentro das familias e a participación das familias no rumbo das organizacións.

 

PROGRAMA E INSCRICIÓN

Nesta ligazón podedes descargar o programa e a información completa sobre como realizar a inscrición.

As persoas interesadas deberán cubrir o formulario online coa axuda dun profesional da súa asociación.

O prazo para enviar a inscrición remata o 31 de xullo.

Non se admitirán inscricións fóra de prazo.

As familias que precisen servizo de respiro familiar durante a celebración do encontro deberán indicalo no formulario e enviar a documentación correspondente tamén antes do 31 de xullo.

 

COTAS

A asistencia ao encontro terá un custo de 15 euros por persoa.

O servizo de respiro familiar terá un custo de 15 euros por persoa, só para quen o solicite.

Tamén procuraremos habilitar transporte para as familias, en función da demanda e da súa viabilidade. No caso de confirmarse, terá un custo adicional de 10 euros por persoa.

As inscricións admitidas confirmaranse a partir do 7 de setembro.

 

Para máis información, podedes chamar ao 981 51 96 50 ou escribirnos a familias@fademga.org

 

ESPERÁMOSVOS!

 


Actividade financiada a través da asignación tributaria do 0,7% do IRPF, da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, grazas ás persoas que marcan o recadro de Fins Sociais / X Solidaria na súa declaración da renda.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.