Volve o proxecto "Aténdeme-Enténdeme"
Unha iniciativa chamada a mellorar a atención nas consultas sanitarias
FADEMGA Plena inclusión Galicia
01-07-2024O proxecto "Aténdeme-Enténdeme" abre o prazo para participar nunha nova edición!
"Aténdeme-enténdeme" naceu como unha iniciativa chamada a mellorar a atención en consulta das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Ata o de agora o proxecto chegou ata os centros de saúde de Carballo, Viveiro, Carballiño, Lérez, La Peregrina e Coia, así como ao centro médico de Lalín e ao centro de atención primaria de Burela. Pero queremos seguir crecendo!
Por esa razón, abrimos un novo prazo de inscrición tanto para aquelas entidades que aínda non se animaron a participar, como para aquelas que xa participaron pero queren repetir.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de xullo. Nesta ligazón podedes descargar a ficha de incrición que debes enviar cuberta e asinada polas persoas participantes a areasocial@fademga.org
CÓMO PARTICIPAR?
Para empezar, debes formar un grupo na túa entidade constituído por 3 perfís:
- Unha persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
- 1 familiar
- 1 profesional de apoio
SESIÓN DE TRABALLO
O día 20 de setembro realizaremos unha sesión de traballo presencial na Federación con todas as persoas interesadas en colaborar no proxecto. Na sesión aclararemos en que consiste, como levar a cabo as accións de sensibilización e faremos prácticas de como falar en público.
Nesta ligazón podes descargar un pequeno dosier coa explicación do proxecto e os seus obxectivos.
Animádevos a formar parte do cambio!