Viaxamos ao futuro dos apoios no Congreso organizado por Plena inclusión en Barcelona

Debatimos sobre a personalización e autodeterminación nos apoios neste encontro sobre innovación social

Viaxamos ao futuro dos apoios no Congreso organizado por Plena inclusión en Barcelona

FADEMGA Plena inclusión Galicia estivo presente esta semana no Congreso de Innovación Social "Viaxe ao futuro dos apoios", un espazo organizado por Plena inclusión España os días 27, 28 e 29 de novembro de 2024 que reuniu a organizacións, profesionais e administracións públicas para explorar modelos innovadores que promovan unha vida plena e autónoma para as persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.

A nosa participación centrouse na mesa titulada “Resultados e experiencias en primeira persoa do prototipo de apoios autodirixidos”, onde Pilar Villaverde, xestora de apoios da federación e Eva Riguera, participante, compartiron as experiencias e aprendizaxes obtidos na implementación deste modelo en Galicia.

Este enfoque, inspirado na lei escocesa de Apoios Autodirigidos, busca personalizar os apoios a través de orzamentos axustados aos plans de vida individuais, promovendo a autodeterminación e o control das persoas sobre as súas propias vidas.

O Congreso serviu como plataforma para reflexionar sobre como adaptar estes modelos ao contexto español e reforzar o compromiso cunha cidadanía plena e participativa, destacando a importancia de enfoques éticos e personalizados para cada persoa e comunidade. Con iniciativas como esta, FADEMGA Plena inclusión Galicia reafirma a súa aposta pola innovación e o traballo conxunto con outras entidades e administracións para seguir avanzando cara a un futuro inclusivo onde os dereitos e as oportunidades sexan unha realidade para todas as persoas con discapacidade.

Máis información sobre o Congreso no sitio web de Plena inclusión: Viaxe ao futuro dos apoios

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.